Sunday 28 de April de 2024

A Xunta apoiou con máis de 100.000€ a mellora de 7 establecementos turísticos de aloxamento e restauración da comarca do Barbanza


― O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o camping Praia Ría de Arousa de, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas

― O representante do Goberno autonómico animou aos empresarios da comarca do Barbanza a solicitar os 2 millóns de euros da nova orde deste ano que está aberta ata o 7 de marzo

― Esta orde permitirá ao sector modernizar as súas instalacións para contribuír a reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cunha oferta competitiva

― As axudas enmárcanse no Plan Camiña, para apoiar ás empresas do sector turístico

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o camping Praia Ría de Arousa, un dos negocios beneficiados pola orde de axudas para financiar melloras nos establecementos turísticos de aloxamento e restauración do ano pasado. Na visita animou aos representantes do sector turístico da comarca do Barbanza a volver a solicitar estas axudas este ano, xa que, a Xunta xa publicou a nova convocatoria que contará con 2 millóns de euros.

Así o explicou o delegado da Xunta , e lembrou que ao abeiro destas axudas, o ano pasado recibiron estes apoios catro hoteis da Pobra, Outes e Ribeira e tres restaurantes da Pobra, Outes e Ribeira que recibiron conxuntamente máis de 100.000 euros que mobilizaron un investimento total de Trenor subliñou que estas axudas permitirán renovar e modernizar as instalacións dos establecementos turísticos de aloxamento -locais hoteleiros, campamentos de turismo, casas de turismo rural, apartamentos e albergues turísticos- e negocios de restauración co obxectivo de consolidar unha oferta turística de calidade e competitiva.

A resolución recolle un importe máximo por solicitude de ata 50.000 euros que se pode destinar a actuacións como accións para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas, obras nas instalacións para obter certificacións de calidade como a Q de calidade turística ou para que o establecemento suba de categoría, a renovación e a modernización do local xunto co embelecemento da contorna, a adquisición de equipamentos mobles necesarios para o seu funcionamento, medidas de aforro enerxético con actuacións na climatización ou nos sistema de extracción e renovación de aire, avances na dixitalización dos sistemas de comercialización e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes desde o pasado 8 de febreiro de forma telemática a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal/chave365

Trenor tamén precisou que con axudas coma estas, a Xunta contribúe a consolidar unha oferta turística de calidade que sexa a marca de referencia e diferenciación do modelo de turismo galego.

Plan Camiña
Dende a Xunta darase continuidade ao apoio prestado ao turismo galego para paliar o impacto da covid, que o ano pasado supuxo un investimento de máis de 120 millóns de euros.

Por iso, neste 2022 o Goberno galego pon en marcha o Plan Camiña, co obxectivo de seguir reactivando o sector con achegas directas para a adaptación dos seus negocios aos estándares de calidade que demanda o turismo do século XXI e para animar aos galegos a consumir na rede hoteleira e hostaleira da nosa comunidade. Ademais das axudas específicas para as empresas do sector -para a mellora dos establecementos turísticos, o incremento da calidade, a aceleración de iniciativas turísticas e a formación e profesionalización do persoal-, o Plan Camiña apoirá iniciativas encadradas no turismo de familia, para estratexias postas en marcha polas universidades galegas e para entidades sen ánimo de lucro.